Este ano convocamos un concurso en 2º
ESO de construción de estruturas superlixeiras coas seguintes bases.
- Deseña unha estrutura, o máis lixeira posible, que sosteña unha carga de 5 kgf a unha altura mínima de 22 cm durante un tempo mínimo de 20 seg.
- O tempo para estabilizar a estrutura será de 30 segundos. Se nese tempo non se consegue a estabilización esta quedará descualificada.
- Para a construción da estrutura pódese utilizar calquera tipo de material.
- Só se pode presentar unha estrutura por participante.
- Haberá dous premios para aquelas estruturas que pesen menos. Un campión e un subcampión.
- O campión terá dereito a un punto na avaliación
O subcampión terá dereito a medio punto na avaliación.
Haberá unha modalidade
de competición para aqueles que estean dispostos a facer unha proba
de carga con a súa estrutura. Esta modalidade consistirá en cargar
a estrutura ata que rompa coa intención de determinar o coeficiente
de resistencia (Relación entre a carga máxima soportada e o peso da
estrutura).
- Nesta modalidade so poderán participar estruturas cuxo peso sexa igual ou inferior a 50 gr.
- O gañador desta modalidade obterá medio punto na avaliación.
- As puntuacións non son acumulativas.
O prazo de entrega das
estruturas está aberto ata o día 7-8 de abril. O día 10 de abril
faranse as probas de carga e pesaxe para buscar as estruturas
gañadoras.
Rematada a competición e
rexistrados tódolos datos de peso das estruturas e carga máxima
soportada estes son os gañadores en cada un dos grupos.
2ºESO-A
Estrutura máis
lixeira.
1ª posición
Oscar Riveiro Alonso 12
gr
Nestor Lomba Lomba 12 gr
2ª posición
Carla Vizoso Morales. 13
gr
Sergio Martíñez Mariño
14 gr.
Coeficiente de
resistencia (relación entre a carga máxima soportada e o peso da
estrutura).
Teresa Lomba Cabezón.
703
2º ESO-B
Estrutura máis
lixeira.
1ª posición
Delia Alfonso Lomba 14
gr.
2ª posición
María González
Rodríguez 20 gr.
Coeficiente de
resistencia (relación entre a carga máxima soportada e o peso da
estrutura).