lunes, 16 de junio de 2014

INFORME DA COMPETICIÓN DA ESTRUCTURA SUPERLIXEIRA

Este ano convocamos un concurso en 2º ESO de construción de estruturas superlixeiras coas seguintes bases.

  • Deseña unha estrutura, o máis lixeira posible, que sosteña unha carga de 5 kgf a unha altura mínima de 22 cm durante un tempo mínimo de 20 seg.
  • O tempo para estabilizar a estrutura será de 30 segundos. Se nese tempo non se consegue a estabilización esta quedará descualificada.
  • Para a construción da estrutura pódese utilizar calquera tipo de material.
  • Só se pode presentar unha estrutura por participante.
  • Haberá dous premios para aquelas estruturas que pesen menos. Un campión e un subcampión.
  • O campión terá dereito a un punto na avaliación
    O subcampión terá dereito a medio punto na avaliación.

Haberá unha modalidade de competición para aqueles que estean dispostos a facer unha proba de carga con a súa estrutura. Esta modalidade consistirá en cargar a estrutura ata que rompa coa intención de determinar o coeficiente de resistencia (Relación entre a carga máxima soportada e o peso da estrutura).

  • Nesta modalidade so poderán participar estruturas cuxo peso sexa igual ou inferior a 50 gr.
  • O gañador desta modalidade obterá medio punto na avaliación.
  • As puntuacións non son acumulativas.
O prazo de entrega das estruturas está aberto ata o día 7-8 de abril. O día 10 de abril faranse as probas de carga e pesaxe para buscar as estruturas gañadoras.

Rematada a competición e rexistrados tódolos datos de peso das estruturas e carga máxima soportada estes son os gañadores en cada un dos grupos.

2ºESO-A
Estrutura máis lixeira.
1ª posición
Oscar Riveiro Alonso 12 gr
Nestor Lomba Lomba 12 gr
2ª posición
Carla Vizoso Morales. 13 gr
Sergio Martíñez Mariño 14 gr.
Coeficiente de resistencia (relación entre a carga máxima soportada e o peso da estrutura).
Teresa Lomba Cabezón. 703

2º ESO-B
Estrutura máis lixeira.
1ª posición
Delia Alfonso Lomba 14 gr.
2ª posición
María González Rodríguez 20 gr.
Coeficiente de resistencia (relación entre a carga máxima soportada e o peso da estrutura).
Raquel Vicente Leyenda 652

ALBUM DE FOTOS
https://plus.google.com/photos/+AntonioLomba/albums/6025595510739896897/6025601809694373058?pid=6025601809694373058&oid=101021942665229232734

No hay comentarios:

Publicar un comentario