miércoles, 26 de febrero de 2014

ENTREGA DE PREMIOS I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL

Para finalizar o concurso, a entrega de premios realizarase o venres 28 no primeiro recreo, esperamosvos a todos no pavillón. Ánimo, e a gañar.


domingo, 23 de febrero de 2014

LISTA DE INSCRITOS NO I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL.


Rematada a inscripción no I concurso de avións de papel do IES A SANGRIÑA o número de participantes ascende a 46.
Despois de realizar o sorteo para establecer a orde de participación, faise público o listado. 


Na relación de competidores adxunta aparece tamén o día que terá que presentarse cada participante no pavillón. Se non dera tempo de que tódolos participantes citados para un día competisen, quedarán automaticamente citados para o día seguinte.

LISTADO DE PARTICIPANTES



Para demostrar o entusiasmo e as ganas que se respiran neste concurso adxunto unha foto que motiva a todo o mundo a presentarse aos vindeiros concursos propostos polo centro. Moito ánimo, e a gañar.



lunes, 17 de febrero de 2014

I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL IES A SANGRIÑA



Entre os días 25 e 28 de febreiro celebrarase no pavillón do IES A SANGRIÑA o I concurso de avións de papel. O certame estará aberto a tódolos alumnos/as matriculados no instituto e tamén poderán participar os profesores.
A competición terá lugar os días mencionados durante o 2º recreo de 12:00 a 12:20. Haberá dúas modalidades. “Distancia máis longa” e “maior tempo de voo”. Cada participante terá dereito a 3 lanzamentos por modalidade.
A inscripción podera facerse entre os días 18 e 22 de febreiro a través do formulario de inscripción:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN 
 
Para aqueles que queiran prácticar e probar os seus avións o pavillón estará aberto os días mércores 19 e xoves 20
Na ligazón que aparece a continuación podes descargar as bases do concurso.

BASES DO CONCURSO




Organización 2º BACH B.

jueves, 13 de febrero de 2014

O caudal do grifo da túa vivenda


OBXETIVO:
  • Medir o caudal do grifo da túa vivenda.


MATERIAL:
  • Xarra graduada
  • Cronómetro


PRODECEMENTO:
  1. Colocamos baixo a billa do noso baño (ou calquer outro lugar da casa) un recipiente con bastante profundidade.
  2. Ao tempo que encendemos o cronómetro, abrimos ao máximo o grifo para que saia a maior cantidade de auga posible e quede acmulada no bol.

  1. Establecemos un tempo predeterminado para todas as medidas (neste caso 5 segundos).
  2. Repetimos a medida 5 veces e sacamos estes resultados:

    Volumen (cm3)
    Tempo (s)
    Caudal (cm3/s)
    1ª medida
    1550
    5
    310
    2ª medida
    1500
    5
    300
    3ª medida
    1475
    5
    295
    4ª medida
    1450
    5
    290
    5ª medida
    1500
    5
    300
Q= Vol/t

Caudal total= (Q1 + Q2 + Q3 + Q4 + Q5)/5= 1495 cm3/s


CONCLUSIÓN:
No grifo da miña vivenda saen 1495 cm3 de auga cada segundo se o abro ao máximo.