sábado, 23 de noviembre de 2013

Cadro eléctrico


(I.C.P) Interruptor de control de Potencia. Limita o consumo total da vivenda. Depende do contrato establecido coa compañía eléctrica. Este non pode ser inferior a 5750 W. Se conectamos aparatos cunha suma de consumo superior ao establecido no contrato, este interruptor salta.
(I.G.A) Interruptor General Automático. Vixía que a intensidade que circula polos circuítos da casa non sobrepase un determinado valor. Os limites de intensidade sobrepásanse sempre que hai un cortocircuito.
(I.D) Interruptor Diferencial. Encárgase da protección das persoas ante posibles descargas producidas polos aparellos. Chámase diferencial porque establece o balance entre a corriente de entrada da casa e a de saída, deben ser iguais. Se por algunha razón, parte da corrente se perde a terra a través dun aparello ou persoa, prodúcese unha diferencia entre as correntes e o interruptor actúa abrindo o circuíto en menos de 50 milisegundos. 
(PIAS) Dispositivos de Corte. Existen diversos dispositivos de corte asociados a varios circuitos diferentes dentro da casa: enchufes dos dormitorios, enchufes da cociña, tomas de corriente para as lámpadas, etc. É un aparello de protección magnetotérmica. O interruptor corta a corriente cando se produce un quentamento no circuíto por un exceso de consumo ou ben cando se produce un cortocircuito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario